NOVAS‎ > ‎

"Toma Castaña"

publicado a la‎(s)‎ 30 sept. 2018 23:09 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 30 sept. 2018 23:16 ]
O pasado xoves 27 de setembro, os alumnos e alumnas de 5° e 6° de Primaria, comezaron un pequeno proxecto chamado "Toma Castaña".
Neste proxecto pretendemos que os rapaces e rapazas vivencien e coñezan o proceso de recollida da castaña, o seu secado e posterior preparación para usos gastronómicos e culinarios.
Para todo isto, temos a sorte de ter un castiñeiro propio no noso colexio, o cal nos facilitará o produto e a carón del, aprenderemos as características desta árbore, as súas follas e moitas máis curiosidades.