Este pasado venres 21 tivemos a sorte de ter no colexio parte do persoal dunha clínica dental: unha dentista, unha hixienista e unha administrativa. Neste caso foron os alumnos/as de 4º, 5º, 6º de Infantil e 1º de Primaria os que tiveron a oportunidade de aprender unha morea de cousas: amosáronnos as partes dos dentes, onde percibe os sabores a lingua, as enfermidades dos dentes... e algo moi importante como é un bo hábito e correcta limpeza bucal para non padecer ningunha enfermidade. A maiores fixéronnos unha pequena revisión para ver como de saudable estaba a nosa dentadura. Saímos moi contentos/as xa que temos os dentes e a boca moi ben coidada, para continuar con esta boa labor agasalláronnos con unha pequena mochila que contiña un cepillo e un espello de dentista. Moitísimas grazas a todo o persoal da Clínica Dental Mares!! |
NOVAS >