NOVAS‎ > ‎

Únete e limpa a túa praia!

publicado a la‎(s)‎ 17 oct. 2018 10:59 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 17 oct. 2018 11:01 ]

O Colexio Bayón xunto ao Parque Natural de Corrubedo  coa colaboración do departamento de mediambiente do Concello de Riveira (servizo de limpeza) e en coordinación coa asociación ecoloxista Adega organizan unha limpeza de praia este venres día 19 de outubro na xornada de mañá. (10:00-13:30 horas). 

O lugar será a praia da Ladeira en Corrubedo, que por ser unha praia do Parque Natural de Corrubedo, parécenos de maior interese mantela limpa de todo tipo de basura, e sobretodo de plásticos. 

Trátase de retirar diferentes tipos de plásticos do areal e de concienciar ao noso alumnado, así como a toda persoa que desexe participar, da importancia de facer un uso responsable dos plásticos. Tamén da implicación que cada un de nós debe ter, coa finalidade de reducir o consumo, Reutilizalos sempre que sexa posible, e cando xa non poda ser, levar a cabo a xestión correcta para a súa correcta Reciclaxe. 

Xa traballamos na clase cos rapaces o problema ocasionado polos plásticos nos ecosistemas marinos, e o problema da introdución dos microplásticos na cadea alimentaria.

Animádevos e participade polo ben noso, dos nosos fillos e do noso planeta en xeral!!!