NOVAS‎ > ‎

Visita a Coruña

publicado a la‎(s)‎ 28 nov. 2016 23:44 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 28 nov. 2016 23:46 ]
O pasado xoves 10 de novembro, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de E.SO. realizaron unha saída cultural á Coruña. Visitamos o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología) e o Castelo de San Antón, antiga fortaleza e hoxe Museo Arqueolóxico.
O obxectivo destas actividades sempre está enfocado a complementar a formación do noso alumnado dun xeito máis lúdico e práctico. Buscamos espertar a súa curiosidade polo coñecemento dos avances  técnicos e científicos , o interese pola conservación e estudo do noso rico patrimonio histórico-cultural, e sobre todo, a valoración da INVESTIGACIÓN en diferentes campos ( o científico e histórico) como motor da aprendizaxe e formación integral dos nosos rapaces e rapazas.
Pasamos unha xornada fantástica! o mellor de todo, o comportamento e actitude, polo que nos felicitaron en ámbalas visitas, e o bo humor que despregaron toda a viaxe!!!