NOVAS‎ > ‎

Visita ao Colexio Bayón de Ribeira

publicado a la‎(s)‎ 21 abr. 2015 12:59 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 27 may. 2015 0:26 ]
Prosigo coa labor de perseguir a todas partes ao meu sospeitoso, o señorito David Pobra, alias o Pobriña, que segue sen pagarme a parte me corresponde do NOSO libro, pese a que fun eu o actor principal do mesmo. Desta volta, a investigación non me levou moi lonxe da miña Palmeira natal, pois o maleteiro este atreveuse a vir a dar unha charla ao Colexio Bayón de Ribeira, onde tamén estudaron algúns parentes meus.