NOVAS‎ > ‎

Visita a Rianxo, 4º de ESO.

publicado a la‎(s)‎ 27 may. 2015 14:55 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 4 jun. 2015 7:22 ]
    O pasado mércores 27 de maio, o alumnado de 4º de ESO trasladouse á vila de Rianxo para coñecer de primeira man o estudado nas aulas durante o presente curso escolar sobre algún dos autores máis importantes da literatura galega do s. XX.

Daniel Castelao, Rafael Dieste  e  Manuel Antonio protagonizaron a mañá.

Visitamos a rúa na que naceron e viviron os tres: a Casa Museo Manuel Antonio, que garda desde cadernos manuscritos do poeta, ou revistas literarias que trouxo das súas viaxes ao estranxeiro,  ata fotografías familiares e maquetas dos barcos nos que navegou.

Despois de ver o Museo do Mar do que dispón esta vila, coñecemos mellor o mundo do que vimos e como era a vida dos nosos antepasados.

Rematamos cun roteiro polo casco vello e o polos Paseo da Ribeira, onde nos contaron anécdotas dos escritores e dos seus libros e puidemos ver os bustos e esculturas que homenaxean á cultura popular.

Foi interesante aprender literatura e historia tamén fóra das aulas.