Este xoves 22 de febreiro, os alumnos e alumnas de 5° e 6° de Educación Primaria, visitaron a fábrica Biomega Natural Nutrients S.L, no polígono industrial de Boiro. Os rapaces e rapazas puderon ver e vivenciar o proceso de utilización do aceite de fígado de quenlla para elaborar diferentes produtos biosaudables para os seres humanos. Experimentamos con cápsulas deste aceite, co aceite en estado líquido e tamén apreciamos como fabrican xelados de diferentes sabores. Una das zonas que máis lle gustou a todos/as foi o laboratorio, onde nos explicaron todo o seu funcionamiento e curiosidades dos aparellos deste lugar de traballo. Quedamos encantados co trato recibido por parte de todo o persoal desta fábrica. |
NOVAS >