O luns 27 de marzo, visitáronnos
os membros da directiva da R. e I. Cofradía da Dorna co obxecto de informarnos
sobre a importancia da participación, a implicación e a colaboración do traballo das peñas nas actividades
propias desta festa que naceu hai xa 69 anos. A charla foi moi didáctica e divertida: primeiro presentáronnos uns videos para explicarnos o
que é a festa e que sen a participación nosa perdería
a esencia que a diferenza doutras festas, rímonos moito vendo as pelis das principais
actividades : Exame de Patróns,
Top Secret, Rejata de Embarcasións Feitas á Machada e Propulsadas a Pan de
Millo, Jran Premio Cuttre Sark, Jran Prix de carrilanas, Enjalanamento de
Fanequeiras, Jran Premio Icaro de Voo sen motor, o Viveiro dorneiro, Jran
Juateque Dorneiro, o Baile de Jala.... Tamén nos falaron da importancia do consumo responsable para unha diversión máis san, e da necesidade da limpeza e de non deixar todo luxado nas rúas despois das actividades. Logo fixemos un obradoiro práctico para ir adestrando para a festa deste ano, e así inventamos nomes simpáticos para a peña, elaboramos logos para a camiseta, deseñamos a fanequeira, e escribimos a canción para participar no Sertamen de Cansión de tasca. Finalmente cada un dos seis grupos expuxemos o noso traballo e cantamos a canción de tasca. Foi unha sesión moi divertida. (Vídeo grabado e editado por Laura Cruxeiras). |
NOVAS >