NOVAS‎ > ‎

Visita Illas Cíes

publicado a la‎(s)‎ 10 may. 2018 23:03 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 14 may. 2018 8:22 ]
O xoves día 10 de maio, os alumnos e alumnas de 5° e 6° de Educación Primaria visitaron as Illas Cíes. 
O día comezou zarpando do porto de Vigo cun tempo "de verán".
Despois de desembarcar, tomamos unha merenda e comezamos unha fermosa ruta ata o Alto do Faro de Cíes. As vistas foron espectaculares. Durante todo o percorrido fixemos varias paradas para facer explicacións sobre as características dos seres vivos dos ecosistemas deste lugar e os rapaces/as preguntaron as súas inquedanzas e curiosidades. 
Ao finalizar a ruta fomos a comer a unha das magníficas praias destas illas e despois dun tempo de descanso, desfrutamos duns xogos guiados e dun refrescante baño nas augas cor turquesa típicas desta zona.
Xa vestidos e arreglados para a volta, tomamos uns xeados antes de embarcar de volta hacia Vigo.
Agradecer a labor e traballo dos monitores da empresa Arenaria, que ensinaron aos alumnos/as contidos sobre a fauna e flora destas Illas, e fixeron que todos desfrutáramos dunha magnífica experiencia.