O venres 4 de maio visitounos no noso colexio a escritora María Canosa. Falounos das súas obras e adicounos un tempo para preguntar todo tipo de curiosidades sobre os seus libros e a súa vida. Ao finalizar a súa charla firmou os libros que traballamos durante o presente curso. Despois os rapaces e rapazas fixéronlle entrega duns agasallos que prepararon eles mesmos. A visita foi un éxito, xa que tanto alumnos/as coma mestres/as quedamos moi satisfeitos con esta actividade. |
NOVAS >