A última semana de colexio antes das tan desexadas vacacións de Nadal, aproveitámola para realizar aprendizaxes de ciencia baseados na experiencia, no facer e no dicir; para iso realizamos dúas xornadas dedicadas á ciencia. Na primeira delas visitounos Socorro Castro García, química e divulgadora científica, profesora titular da UDC e experta en química molecular de materiais. Socorro contounos e mostrounos actividades sorprendentes relacionadas cos cambios de estado nunha charla-taller titulada “Xogos con sólidos líquidos e gases”. Na segunda xornada foron os nosos rapaces de 2ª da ESO os encargados de explicarlle ao alumnado unha serie de experiencias interesantes de matemáticas, física e química como podedes ver no vídeo resumo. (barco propulsado a vapor, indicador de pH, composición de areas de diferentes orixes, demostración do teorema de pitágoras e moitas outras). Nesta xornada tamén fixemos un achegamento ao mundo microscópico usando os microscopios caseiros montados polos compañeiros o curso pasado). Ademais o alumnado da ESO gozou dunha clase práctica de iniciación á robótica usando o programa mblock na que puideron ver as diferentes aplicacións da robótica en distintos ámbitos da vida cotiá. Aquí o documento gráfico que resume estas xornadas. |
NOVAS >