Ensinanza‎ > ‎

Educación Secundaria

As aulas de Educación Secundaria Obrigatoria están situadas na planta superior do edificio. Cóntase na actualidade con catro unidades de Secundaria que se corresponden cos catro cursos, nos que están matriculados os alumnos das idades comprendidas entre os doce e dezaseis anos. Todas elas dotadas coas últimas tecnoloxías como pode ser as pizarras dixitais e ordenadores.

Nun ala desta planta superior ubícanse catro aulas, un departamento e os baños. Na outra ala, pasando un corredor central, sitúanse as aulas dos obradoiros: aula de Música, aula de Plástica, aula de Informática –dotada con equipos informáticos completos conectados en rede e pizarra dixital, o Laboratorio, o taller de Tecnoloxía, aula específica de idiomas  e baños completos. O equipamento de todas estas aulas é o adecuado  para as necesidades educativas dos alumnos.

Nesta mesma área está a Biblioteca. A súa ubicación atópase nun lugar privilexiado do centro, un espazo rodeado por amplas fiestras cara o exterior e cunha gran luminosidade natural que crea un ambiente moi favorecedor e confortable para o traballo intelectual. A Biblioteca ocupa una superficie de 110 m2 na que se sitúan tanto os fondos da biblioteca como os postos de lectura e a área da xestión técnica da biblioteca.

As instalacións externas son o patio de recreo, a pista polideportiva e os baños exteriores. Esta son compartidas cos alumnos de E. Primaria, xa que as disfrutan como patios de recreo en horarios diferentes. Completan estas instalacións o ximnasio situado na parte inferior do edificio.