O Concello de Ribeira está vinculado principalmente ao
mar xa que foi, e continúa sendo hoxe en día, a principal base económica
da zona, xunto con outros servizos relacionados: empresas conserveiras,
transportistas, exportadores, descargadores.... É nas áreas limítrofes (Olveira, Artes, Corrubedo, Oleiros, Carreira, Aguiño, e Castiñeiras) onde atopamos un entorno rural. Aquí pódense ver actividades agrícolas que principalmente oriéntanse cara o autoconsumo, comercializándose os produtos obtidos de maneira esporádica. A pesares desta proximidade, os alumnos e alumnas do noso centro descoñecen a orixe dalgúns alimentos que consumen na súa dieta diaria, como froitas, verduras, legumes, cereais... Este feito fixo que fora tomando forza a idea de pór en marcha o proxecto “A Hortiña do Bayón”, co obxectivo de que os alumnos e alumnas puideran ver a evolución das plantas, durante todo o ciclo da súa vida, e implicarse na semente, rego, mantemento e recolección do mesmo, ademais de favorecer, mediante o consumo dos produtos da nosa horta, unha alimentación saudable. |