Diario da Hortiña do Bayón
Xoves 26 de abril do 2018
Mentres, os forzudos e forzudas de 4º E.P non amosaron debilidade ante a dura terra da nosa hortiña Umbria e plantaron tomates e pementos. |
Xoves 22 de xaneiro do 2018
Chegou o día, plantamos as patacas na nosa “Hortiña Solete”.
Tivemos que agardar un pouquiño a que chegara o bo tempo, e por tanto, non
sementamos coa lúa chea ou minguante que é o ideal, pero estamos seguros que a
ledicia dos nosos pequenos e pequenas agricultores e agricultoras vai compensar
o retraso. Mirade que ilusión, que empeño en colocar a semente o mellor
posible... non hai patacas mais mimadas en todo o Concello!!!!! Mentres os nenos e nenas de infantil e primaria ían saíndo por quendas a plantar, os alumnos e alumnas de 4º E.P realizaban a pé de campo un mural con toda a información sobre esta actividade: · Procedencia e historia da pataca. · Clases de patacas. · Instrucións para o seu cultivo (distancia, rego, calendario luar, época de recolleita...)
· Debuxo das diferentes partes da planta... |
Mércores 21 de xaneiro do 2018
Un curso máis estamos listos para plantar as nosas ricas pataquiñas de cedo. Como sempre os nosos maiores da E.S.O, son os encargados de por a punto a horta, quitando as malas herbas e movendo o terreo para que lle sexa máis sinxelo cultivar aos seus compañeiros de Educación Infantil e Primaria. Moitas grazas rapaces e rapazas pola vosa colaboración e duro traballo!!!
|
Venres 17 de novembro do 2017
QUE BEN O PASAMOS PLANTANDO AS ÁRBORES DO NOSO
FUTURO BOSQUE!!!!!
Os nenos e nenas de E.I foron acompañados polos nosos alumnos e alumnas máis maiores, e recibiron todas as atencións e mimos que podían aturar. Os maiores encargáronse de explicarlles os pasos a seguir para plantar o seu castiñeiro, mentres que os de E.P xa se apañaron moi ben plantando a súa landra coa supervisión dos mestres e mestras. Agora hai que estar moi pendentes das sementes e regalas cando o precisen. ESPEREMOS QUE NA PRIMAVERA POIDAMOS AXUDAR A REPOBOAR ALGÚN DOS BOSQUES DEVASTADOS POLO LUME. |
Luns 13 de novembro do 2017
XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO!!!!
Canto traballiño pasamos, AS NOSAS HORTAS ESTABAN A MONTE!!! Pero unha vez que calzamos as botas e poñemos as luvas, non hai ninguén que pare aos nosos rapaces e rapazas da E.S.O. Hai que dicir que as deixaron perfectas para comezar a plantar os produtos de outono/inverno. Os alumnos e alumnas de 1º EP encargáronse de plantar espinaca,
cebolo e repolo.
QUE XEITIÑO TEÑEN, NON SI? Mentres, o profe Mingos cun grupo de alumnos e alumnas de 6º EP, podaron e limparon as malas herbas do “Recuncho Aromático” que tamén estaba pedindo a gritos que o preparáramos para a chegada do duro inverno. |
25 DE ABRIL DO 2017
Hoxe os nosos pequerrechos e pequerrechas saíron preparados á horta, para
plantar ricos amorodos, berenxenas, leitugas e tomates. Deixaron que os nenos e
nenas de 5º e 6º de E.P fixeran o
traballo sucio, abrandando o terreo para poder facer os seus pequenos buratiños
nos que enterrar as diferentes plantas. Como disfrutan metendo as mans na
terra!!!!
Nais, pais e demais familiares, estades todos/as convidados/as para ver como vai quedando a nosa hortiña. |