17 DE FEBREIRO DO 2017

publicado a la‎(s)‎ 16 mar. 2017 2:36 por Eva Santiago Martínez   [ actualizado el 16 mar. 2017 3:14 ]

O noso mercadiño volve a estar cheo de verduras, nesta ocasión, todos os rapaces e rapazas de E.I e E.P recollemos nas hortas “Solete” e “Umbría” grelos, nabizas e coles. Os alumnos e alumnas de 1º de E.S.O, foron os encargados de limpar e facer os monllos para colocar no posto.

Aínda que hoxe disfrutamos dun día primaveral, son as datas ideais para empregar na cociña este tipo de verduras, e facer: un caldiño galego, lacón con grelos, cocido, revolto de rabizas…

MMMMM.... QUE RICO!!!

 

Unha vez máis, grazas aos familiares dos nosos nenos e nenas por colaborar e involucrarse nas actividades realizadas no colexio.