17 DE MARZO DO 2016

publicado a la‎(s)‎ 22 mar. 2016 14:37 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 22 mar. 2016 14:37 ]

O xoves 17 recibimos a visita do pai do mestre Pol, Leopoldo Pariente, que nos proporcionou unha entretida clase práctica sobre agricultura; ensinounos a traballar a terra, abonala e cultivar patacas, cabazas e chícharos .

Nenos/as e mestres/as estamos moi agradecidos de que Pol compartise con nós unha pequenísima  parte dos seus coñecementos, desfrutamos moito da súa visita e esperamos que regrese pronto ao cole Bayón.