21 DE MARZO DO 2017

publicado a la‎(s)‎ 1 abr. 2017 14:05 por Eva Santiago Martínez   [ actualizado el 2 abr. 2017 0:06 ]

DÍA INTERNACIONAL DA ÁRBORE

Hoxe celebramos no cole Bayón o DÍA INTERNACIONAL DA ÁRBORE.  Como din...”non podes morrer sen antes plantar unha árbore, ter un fillo e escribir un libro”, nós só nos facemos responsables da primeira, e o resto xa corre da conta de cada un.

Así pois, aproveitamos o desnivel que quedou tras a ampliación do aparcadoiro (uso exclusivo dos pais) para ubicar as nosas novas árbores froiteiras (maceira, pexegueiro, cerdeira, pereira, ameixeira, moreira e camelio). Dende os máis pequerrechos e pequerrechas, ata os nosos maiores de 4º da E.S.O, saíron  a plantar a súa respectiva árbore, que deberán vixiar e coidar para que se poña ben fermosa.