31 DE MARZO DO 2017

publicado a la‎(s)‎ 2 abr. 2017 13:53 por Eva Santiago Martínez   [ actualizado el 2 abr. 2017 13:54 ]

O  curso pasado, plantamos patacas na Hortiña Umbría. Este ano, aproveitando a construción do novo  aparcadoiro, ampliamos a nosa zona de cultivo. Nesta nova leira queremos plantar patacas coa axuda dalgúns familiares e, por suposto, dos nenos e nenas do cole Bayón . Para o acondicionamento do terreo,contamos coa axuda (voluntaria) de alumnos e alumnas de 4º da ESO que se puxeron mans a obra para abonar a terra e retirar as pedras. Grazas a o seu traballo e bo humor, conseguimos preparar un bo anaquiño de terreo, ademais de pasar unha mañá de traballo moi entretida.

GRAZAS RAPACES E RAPAZAS!!!!!!