Despois de preparar o terreo, comezamos a plantar as nosas patacas. O
xoves, encargáronse os alumnos e alumnas da E.S.O, mentres que o venres
tocoulle a quenda aos nenos e nenas de E.I e E.P que, como son máis pequenos e
pequenas, precisaron da colaboración dalgúns avós, pais e nais, aos que
agradecemos que compartiran con nós os seus coñecementos, tempo e traballo.
Como apañemos moitas patacas temos que organizar “A Festa da Tortilla” no Bayón. NITA, LEOPOLDO, FRANCISCO E CARLOS , GRAZAS POLA VOSA VISITA !!!!!! |