5 DE ABRIL DO 2016

publicado a la‎(s)‎ 6 abr. 2016 10:05 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 6 abr. 2016 10:07 ]

Empezamos o terceiro trimestre do curso e con el retomamos os traballos da “Hortiña”. Nesta ocasión tocoulle ao “Recuncho Florido”, os alumnos e alumnas de 2º E.P aproveitaron para repasar a materia de Ciencias Naturais, observando as diferentes partes nas que se dividen as plantas (raíz, talo e follas). As oito fermosas hortensias (Hydrangea macrophylla)  proporcionaron aínda máis cor ao noso pequeno xardín .

  Os nenos e nenas de infantil encargáronse das sementes, plantándoas en viveiros, sendo testemuñas do nacemento dos primeiros brotes e vixiando moi de cerca o seu crecemento.  Que fariamos sen os nosos pequerrechos e pequerrechas?