XA ESTAMOS AQUÍ!!!!! Perdoade que non vos tivesemos informados dos labores que fixemos, ata o momento, nas nosas hortiñas. É o primeiro ano que nos atrevemos cos cultivos de outono-inverno polo que, entre o comezo do curso e o da preparación das hortas e recunchos, non tivemos moito tempo para actualizar o Diario da Hortiña Do Bayón. A partir de agora manterémosvos informados da evolución deste proxecto que tanto nos gusta aos alumnos, alumnas e profes do cole Bayón. |