18 DE SETEMBRO DO 2016 Nos labores da horta participamos todos, e o noso director limpou as dúas hortiñas cun motocultor para poder comezar a plantar. “Brrrrrrrrrrrrrrrr Brrrrrrrrrrrrrrrrrr” 19 DE SETEMBRO DO 2016 O luns os alumnos e alumnas de 5º e 6º de E.P realizaron as labores de mullido, achandado e abonado na Hortiña Solete; mentres q na Hortiña Umbría traballaron diferentes grupos da E.S.O. Empregaremos só produtos naturais e, a poder ser, ecolóxicos. Neste caso, un dos nosos queridos avós do cole tróuxonos esterco de coello e indicounos a cantidade que tiñamos que usar. Xa que se usamos moito, o nivel de Ph aumenta e fará máis ácida a terra e diminuirá o nivel de produción da nosa horta. 20, 21 E 27 DE SETEMBRO DO 2016 Coa lúa minguante, os alumnos e alumnas de Educación Primaria plantaron na Hortiña Solete produtos de tempada como: semente de col (Neviña de col), repolo verde e branco, brócoli, coliflor e allos.5, 7 , 14 e 15 DE OUTUBRO DO 2016 Continuamos plantando na Hortiña Umbría:
Pasámolo moi ben e queremos compartilo con vós a través deste vídeo. |