EXPERIMENTO SOBRE A IMPORTANCIA DA COMPOSICIÓN DA TERRA PARA A XERMINACIÓN DAS PLANTAS

publicado a la‎(s)‎ 15 mar. 2017 5:10 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 15 mar. 2017 5:12 ]

A horta permítenos ver de primeira man a importancia do medio ambiente e os diferentes factores que inflúen no xerminado e crecemento das plantas.

Nesta actividade, participan os cursos de 3º, 4º e 6º de E.P; tanto na elaboración do experimento coma no seu seguimento. Cada curso fíxose cargo de plantar, regar e observar a evolución da planta nun sementeiro de espinacas, pero empregando diferentes tipos de substratos:

·         3º E.P: substrato universal.

·         4º E.P: humus de miñoca 100%.

·         6º E.P: humus (50%) + substrato (50%).

Resultado:

Os alumnos e alumnas observaron que entre os 5 e 8 días, xerminan as plantas da sementeira de substrato universal; mentres que a que ten a metade de substrato e a outra metade de humus, tarda arredor dos 12 días; no caso da sementeira con humus 100%, non chegan a xerminar.