Luns 13 de novembro do 2017

publicado a la‎(s)‎ 30 nov. 2017 4:16 por Cole Bayón   [ actualizado el 11 mar. 2018 9:10 por Pepe Lijó Pose ]
XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO!!!!

Canto traballiño pasamos, AS NOSAS HORTAS ESTABAN A MONTE!!! Pero unha vez que calzamos as botas e poñemos as luvas, non hai ninguén que pare aos nosos rapaces e rapazas da E.S.O. Hai que dicir que as deixaron perfectas para comezar a plantar os produtos de outono/inverno. 

Os alumnos e alumnas de  1º EP encargáronse de plantar espinaca, cebolo e repolo.

QUE XEITIÑO TEÑEN, NON SI?

Mentres, o profe Mingos cun grupo de alumnos e alumnas de 6º EP, podaron e limparon as malas herbas do “Recuncho Aromático” que tamén estaba pedindo a gritos que o preparáramos para a chegada do duro inverno.