Chegou o día, plantamos as patacas na nosa “Hortiña Solete”.
Tivemos que agardar un pouquiño a que chegara o bo tempo, e por tanto, non
sementamos coa lúa chea ou minguante que é o ideal, pero estamos seguros que a
ledicia dos nosos pequenos e pequenas agricultores e agricultoras vai compensar
o retraso. Mirade que ilusión, que empeño en colocar a semente o mellor
posible... non hai patacas mais mimadas en todo o Concello!!!!! Mentres os nenos e nenas de infantil e primaria ían saíndo por quendas a plantar, os alumnos e alumnas de 4º E.P realizaban a pé de campo un mural con toda a información sobre esta actividade: · Procedencia e historia da pataca. · Clases de patacas. · Instrucións para o seu cultivo (distancia, rego, calendario luar, época de recolleita...)
· Debuxo das diferentes partes da planta... |