1. A horta escolar é moi interesante

A horta escolar é moi interesante para os alumnos e alumnas, xa que poden aplicar os coñecementos adquiridos na aula á vida real. O proxecto está totalmente relacionado co currículo escolar nas etapas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, dentro das áreas de Ciencias Sociais, Naturais e Bioloxía, respectivamente.

    Considérase un proxecto adecuado para levar a cabo algunhas das competencias claves do Currículo:
  • Sentido da iniciativa e espíritu emprendedor.
  • Competencia social e cívica.
  • Competencia para aprender a aprender.
  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
    Así mesmo, o proxecto encóntrase perfectamente integrado dentro dos temas transversais ou relativos á Educación en valores:
  • Educación para a convivencia.
  • Educación ambiental.
  • Educación para a saúde.
  • Educación do consumidor.