A primeira fase do proxecto consistiu en adecuar as dúas hortas, que se encontran nas propias instalacións do colexio. De este modo procedeuse á limpeza do entorno, ao valado da mesma e á preparación da terra. A seguinte etapa foi buscar a situación adecuada para que tivese suficiente iluminación solar ao longo do día, ao mesmo tempo que estivera o máis protexido posible do vento con obxecto de evitar que se vira afectado o invernadoiro polos fortes ventos do sur que predominan na zona. É neste espazo onde deixamos xerminar as sementes para o posterior traslado á horta de forma que todo este proceso realízase da forma máis ecolóxica posible, co obxecto de que os alumnos e alumnas aprendan a coidar e valorar o noso medio ambiente. No colexio dispoñemos de dúas hortas con diferente orientación ademais de dúas zonas con xardineiras, polo que seleccionamos as plantas e vexetais máis axeitados segundo as características de cada unha: - Xardineiras “Recuncho Aromático”: dúas grandes xardineiras situadas ao longo das escaleiras de Primaria e Secundaria, con plantas medicinais e aromáticas coma ourego, tomiño, alfábega (albahaca), perexil, macela (manzanilla), herba boa, valeriana, etc.
- Xardineira “Recuncho Florido”: A xardineira situada na entrada do colexio está destinada ás plantas de flor, escollendo as máis acordes á estación do ano e ao espazo que ocupan.
- SOLETE: que está no patio de Educación Infantil, ten moita luz solar. Plantamos hortalizas que se cultivan polo seu froito ou semente: maínzo, tomate, cabaza, brócoli, cogombro (pepino), berenxena, pemento e fabas.
- SOMBRIÑA: que está situada no recinto de Educación Primaria e Secundaria, na que predomina a media sombra. Plantamos vexetais que se cultivan pola súa folla ou raíz: remolacha, repolo, leituga, acelgas, espinacas, nabos, rúcula, perexil.

|
|