6. Confección do mural e ficheiro vexetal

    Para que os nenos e nenas sexan conscientes dos cambios que se van producindo iranse facendo fotografías, colocándoas nun gran mural situado no corredor de primaria, anotando a data e os cambios experimentados. Ademais os nenos e nenas debuxarán as plantas e realizarán un ficheiro proporcionando a información necesaria para cada cultivo das hortalizas: período de semente, tempo de xerminación, necesidade de regadío, abono, coidados específicos, época de recolecta, receita empregando determinado produto.