A metodoloxía de
traballo na horta escolar permite abordar de forma global, segundo a
idade, unha pluralidade de obxectivos educativos de Educación Infantil e
Educación Primaria, así coma unha ampla variedade de contidos dos
diferentes ámbitos e áreas presentes en ditas etapas educativas. Dende a perspectiva da innovación educativa e da educación ambiental, a horta como recurso educativo supón un instrumento de primeira orde, posto que permite poñer en práctica un aprendizaxe activo e cooperativo baseado na resolución de problemas, así coma un eficaz desenvolvemento de actitudes e valores encamiñados a comportamentos máis comprometidos coa conservación e mellora do entorno e coa utilización sostible dos recursos ambientais. Ao mesmo tempo pretende favorecer a socialización e convivencia dentro do marco escolar dos diferentes axentes que o compoñen: mestres, alumnos e familias. En canto ao cultivo, apostamos por realizar cultivos biolóxicos, onde non se utilicen produtos químicos, buscando a conservación da fertilidade da terra mediante técnicas e abonos naturais. Pretendemos seguir as técnicas da agricultura tradicional, como a rotación de cultivos, o aproveitamento dos recursos ao noso alcance, as variedades tradicionais, máis resistentes ás pragas, utilización do calendario luar...
|