3. Obxectivos do proxecto

Obxectivo Xeral:
    Determinar a importancia que ten a horta escolar na construción do coñecemento e aprendizaxe no entorno educativo do Colexio Bayón.
Obxectivos Específicos:
  • Motivar á comunidade educativa no proxecto pedagóxico da horta escolar.
  • Valorar o traballo en equipo.
  • Promover actividades lúdicas que permitan o contacto directo a través do medio que lle rodea.
  • Contribuír con actividades académicas, escolares, dinámicas, participativas e agradables no campo da disciplina.
  • Fomentar unha alimentación saudable e a cultura de respecto ao medio ambiente.
  • Recoñecer as partes dunha planta.
  • Coñecer o uso das ferramentas e útiles propios para o traballo na horta.
  • Adquirir coñecementos sobre o medio agrícola e natural, sobre os distintos tipos de plantas, verduras e hortalizas, a súa utilización e a  forma de crecemento.
  • Sensibilizar sobre a nosa influencia no medio, o coidado da natureza  e o equilibrio natural entre as distintas especies de plantas e insectos.
  • Reforzar as boas costumes na alimentación, favorecendo o consumo de verduras frescas e variadas.  
  • Promover talleres de capacitación coa comunidade educativa sobre cuestións ambientais na alimentación e nutrición.