Formar homes e mulleres para o futuro, non só implica transmitir coñecementos...

publicado a la‎(s)‎ 27 nov. 2015 10:37 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 27 nov. 2015 10:58 ]
    Formar homes e mulleres para o futuro, non só implica transmitir coñecementos, senon tamén preparalos para afrontar as situacións difíciles que xurden a miúdo na vida. Neste punto, confluímos os centros escolares e as escolas deportivas, inculcando todos aqueles valores de sacrificio, afán de superación, compañeirismo e solidariedade, que son tan necesarios na sociedade actual.
    Ninguén representou e representa, (porque non queremos falar en pasado), todos estes valores, como a persoa á que hoxe rendimos unha merecida e emotiva homenaxe: Vicente.
    Vicente non pasou pola vida como un mero espectador, senón que participaba con entusiasmo en todos aqueles retos que se lle presentaban, e era una fonte de inspiración para os seus alumnos, os seus compañeiros e amigos.
    Recordar sempre doe, pero olvidar é imposible. A proba máis evidente de que o espírito de Vicente segue vivo, é ver a todos estos nenos e nenas aquí reunidos baixo un sentir común: afrontar  os retos con ilusión e deportividade como fan nesta carreira, e como esperamos que fagan tamén na vida.
    Que esta actividade deportiva leve o nome de “Memorial Vicente Fernandez García”, non é unha casualidade, senón una digna homenaxe, que queremos agradecer a todas as entidades que hoxe nos reuniron.
Grazas Vicente, porque estamos aquí por ti.