Obradoiro audiovisual
Música na casa
Durante este confinamento os alumnos/as de Primaria seguen a gozar coas actividades musicais nas súas casas. Aquí vos deixamos algúns exemplos onde os pequenos/as nos amosan os seus obradoiros de instrumentos caseiros, bailes, xogos rítmicos, cancións... e moito máis. Esperamos que vos gusten! |
Resistiré
Olalla e Brais de 1º e 2º de Primaria fixeron este videoclip que queremos compartir con todos e todas vós. Este videoclip transmite todas as emocións positivas e importantísimas que deberíamos espallar polo mundo. A música vertebradora do eixe familiar, nun momento no que os rapaces precisan de estratexias para sobrelevar as ausencias e aprender a manexar unha situación tan complexa que ata aos adultos se nos vai das mans. Noraboa, familia Rodríguez Vidal! |
Profe por un día
Os nenos e nenas de 1º de Primaria tivemos unha actividade chamada "Profe por un día", na que nos metemos na pel dos mestres e das mestras e impartimos unha clase.
Queremos amosarvos un traballo audiovisual de Olalla Rodríguez Vidal que, coa axuda de súa nai Teresa, realizaron este divertido vídeo.
Graciñas ás dúas por estas risas aseguradas!
|