Publicacións‎ > ‎

Revista Escolar

O curso pasado rematamos un ciclo co derradeiro número da Revista Vida. Ao longo de 35 edicións fomos compartindo cos nosos compañeiros e familias: artigos, poemas, redaccións, entrevistas… para conmemorar o Día das Letras Galegas cada 17 de maio e coñecer mellor aos autores homenaxeados.

Reunidos nos obradoiros ou nas aulas de linguas fomos elaborando cada un dos nosos traballos con agarimo e sensibilidade, amosando as nosas habilidades e afeccións, lembrando aos nosos seres queridos ou debuxando coma verdadeiros artistas.

Agora toca continuar o traballo e adaptarnos aos novos tempos, polo que comezamos una nova andaina cun Obradoiro literario e audiovisual. Nel iremos dando conta das nosas creacións.