Rutas de SENDEIRISMO



Ruta Monte Barbanza - 14 de novembro de 2015

Un ano máis, continuamos coas nosas rutas do Clube de Sendeirismo do Colexio Bayón.
Neste novo curso comezamos cunha ruta na que alcanzaremos a cima do Monte Barbanza e visitaremos lugares tan fermosos coma o mirador da Curota, Canón dos Ríos Barbanza e San Xoan e a Canteira de Pedra Follada. Aproveitaremos o paso polo Parque Eólico de Barbanza para observar e aprender o funcionamento dos aeroxeradores.
Para ver o percorrido da ruta podedes acceder nesta páxina web ao enlace no apartado das rutas de sendeirismo ENLACE.

Ruta polos Ancares - 30 de abril de 2016

O Clube de Sendeirismo do Colexio Bayón visitou Os Ancares os pasados días 29 e 30 de abril.
Realizamos unha das rutas clásicas na zona: Piornedo-Mostallar-Piornedo.
Moito mérito tiveron os rapaces e rapazas, pois a ruta ten un desnivel e dificultade considerables, que con moito ánimo e fortaleza superaron.
Para ver o percorrido da ruta podedes acceder nesta páxina web ao enlace no apartado das rutas de sendeirismo ENLACE.

Ruta Monte Aloia - 21 de Maio de 2016