Ruta Corrubedo-Xuño

Nesta ruta percorremos a costa dende Corrubedo ata Xuño.
Pasamos por lugares tan fermosos como o Porto de Corrubedo, o Faro, Balieiros, Espiñeirido, As Furnas e A Coviña.
O máis salientable nesta saída son as magníficas praias de mar aberto, as lagoas coa súa variedade de especies acuáticas e os ecosistemas costeiros e de lagoa.
Para facer este roteiro recoméndase utilizar calzado impermeable pois pásase por zonas con moita agua e barro. O percorrido débese facer de xeito controlado respectando os sendeiros marcados nesta zona protexida, pois ten gran variedade de especies de alto interese medioambiental. 
Importante levar toalla e unha muda completa de cambio, pois podemos mollarnos ou pode apetecer un baño refrescante nalgunha das fantásticas praias do percorrido.
Para ver o percorrido da ruta podedes acceder nesta páxina web ao enlace no apartado das rutas de sendeirismo ENLACE.

Powered by Wikiloc