Servicios complementarios

Autobús Escolar

Dada a situación das nosas instalacións na periferia da cidade, e para facilitar o traslado do alumnado púxose en funcionamento o servizo complementario de transporte escolar. Este servicio abarca toda a zona de influencia do colexio. O itinerario realízano a cantidade de autobuses suficientes para satisfacer a súa demanda e cubrindo todas as paradas da zona que a continuación se detallan:

PARADAS:

PARAMOS, MARTÍN, ROMERO ORTÍZ, ESTACIÓN, MALECÓN/BIFER-BULE, LONXA, PADÍN, ANTIGO BAYÓN, POLICIA/CONSERVATORIO, CENTENARIO, SANDÁ, CRUXEIRAS/CASTELO, CAPELA DOS REMEDIOS, NOGUEIRA, DEÁN GRANDE/SANTA CLARA, ANTOXO, CAROLINAS/APARCADERO.

Os alumnos/as levan en cada vehículo un acompañante especializado nestas tarefas, obrigatorio según a normativa vixente.

Á chegada do transporte ó Colexio un equipo de profesores encárganse de colaborar na baixada dos alumnos/as e encamiñalos ós respectivos patios. Á saída este mesmo equipo de profesores encárgase de recoller polas aulas os alumnos/as de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria e subilos ós seus respectivos autobuses.

Comedor Escolar

Conscientes das necesidades das familias traballadoras do noso alumnado, o Colexio Bayón dispón do servizo complementario de comedor escolar que está dirixido a todos os alumnos/as dos distintos niveis educativos que conforman o Centro e funciona de setembro a xuño, de luns a venres.

A comida é servida por unha empresa de catering da zona especialista en restauración, acreditada cos permisos pertinentes para realizar dita actividade. Os menús son confeccionados mensualmente  e firmados por unha nutricionista para que os nenos sigan unha dieta equilibrada e adaptada a súa idade.

O comedor está sendo atendido por dous membros cualificados dependentes do colexio e supervisados diariamente polo persoal directivo do colexio. Na tarefa de axuda e control tamén interveñen un grupo de profesores, que se turnan diariamente.

Servizo Madrugadores

Sensibles ao problema de conciliación que as familias de hoxe en día teñen, púxose en marcha este servizo. Os pais/nais que o precisen poden deixar aos seus fillos/fillas dende as 08:15 da mañá no centro, atendido por un mestre e  supervisado pola dirección do centro.

Extraescolares

O Colexio Bayón concede suma importancia ás actividades extraescolares polo que conlevan de motivación, esforzo, investigación e espírito participativo. Actividades que complementan non só o enriquecemento intelectual, senón tamén que axudan ao desenvolvemento da súa autonomía persoal e á formación integral dos nosos alumnos.
Así, convertéronse en apoios imprescindibles  as distintas actividades extraescolares que ano tras ano véñense realizando ininterrompidamente.Estas actividades son de tipo  musical, artístico e interpretativo, actividades deportivas, culturais e de ocio programadas segundo as distintas idades e características do alumnado.