Comedor escolar

Conscientes das necesidades das familias traballadoras do noso alumnado, o Colexio Bayón dispón do servizo complementario de comedor escolar que está dirixido a todos os alumnos/as dos distintos niveis educativos que conforman o Centro e funciona de setembro a xuño, de luns a venres.

A comida é servida por unha empresa de catering da zona especialista en restauración, acreditada cos permisos pertinentes para realizar dita actividade. Os menús son confeccionados mensualmente  e firmados por unha nutricionista para que os nenos sigan unha dieta equilibrada e adaptada a súa idade.

O comedor está sendo atendido por dous membros cualificados dependentes do colexio e supervisados diariamente polo persoal directivo do colexio. Na tarefa de axuda e control tamén interveñen un grupo de profesores, que se turnan diariamente.