ORGANIZACIÓN E HORARIOS

Considerámonos un centro modesto en canto á forma de ser e practicar a ensinanza. Propoñémonos compartir coa familia, primeiros educadores, o exercicio da función educativa, sentindo, vivindo e considerando o centro e a súa práctica educativa como unha tarefa común entre pais, alumnos e profesores.

O Colexio Bayón está aberto a calquera nivel social sen discriminación ningunha, por razóns ideolóxicas, relixiosas, sociais ou económicas. Polo tanto aspiramos a que os poderes públicos respondan polo custo real da educación, sen renunciar ao maior grao posible de liberdade e de calidade de ensinanza. O noso carácter de centro independente fai que a acción formativa sexa estritamente académica e educativa sen ningún tipo de vínculo ou atención a intereses de grupos políticos, relixiosos ou de calquera outra orde.

Pretendemos a través dos contidos mínimos, básicos, obrigatorios das distintas etapas educativas e das actividades extraescolares procurar a formación integral e o desenvolvemento persoal do alumno nos seus diferentes aspectos: intelectual, emocional, humano, artístico, físico e social.

1.  Situación

A través destes mapas poderedes localizar exactamente a situación do noso Colexio.

Ligazón:

2. Horarios

O noso horario é o seguinte:

  • Horario de setembro e xuño: 09:00 a 13:50
  • Horario de outubro a maio: 09:00 a 13:30 || 15:25 a 17:15

Venres saída: 14:15 (16:00 para o alumnado que queda ao comedor).

3. Contacto

Colexio Bayón

Rúa 1, Cubeliño, 79

15968 – Ribeira (A Coruña)

Apartado de Correos nº 40

Tlfno.: 981871110 / 616141672

Enderezo electrónico: cpr.bayon@edu.xunta.gal

4. Calendario escolar

Aquí lles deixamos o calendario escolar deste curso 2023-2024:

Orde do calendario 2023-2024