Sobre nós
Somos un centro concertado Plurilingüe e Plurinfantil, con ensinanzas nos niveis de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria. Recentemente, contamos tamén cunha aula de necesidades específicas de apoio educativo.
Presentámonos coma un colexio aberto e familiar, en contacto coa natureza, preocupado pola calidade do ensino, pola educación en valores e emocións e polo respecto a todos os seres vivos. Perseguimos, en definitiva, a formación integral do noso alumnado.
Como axentes socializadores procuramos actualizarnos día a día no uso e manexo das tecnoloxías da información e da comunicación así coma no coñecemento e implementación de metodoloxías activas nas aulas, sen esquecernos das tradicionais, para que lle permita ao noso alumnado medrar en liberdade de conciencia e adquirir un espírito crítico, tolerane e reflexivo cara a sociedade na que vivimos.