cbayon

About admin

This author has not yet filled in any details.
So far admin has created 29 blog entries.

Publicada listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto, fondo E-Dixgal e vales de material para o vindeiro curso 2026/27

By |2026-07-15T12:21:27+01:00Xullo 15th, 2026|Categories: Sen categoría|

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, FONDO E-DIXGAL E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR Estimadas familias, A partir do día 17 de xullo estarán  dispoñibles as listaxes DEFINITIVAS do fondo solidario de libros de texto, fondo E-Dixgal e os vales de libros e material escolar para o vindeiro curso. Poderedes consultalas presencialmente na propia secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:00h ou no aplicativo fondolibros. Os/as solicitantes que non poidades achegarvos persoalmente debedes autorizar por escrito á persoa que vaia a recollelo. Para facilitarvos este trámite, deixamos a continuación un modelo [...]

Axudas do Concello de Ribeira destinadas ao comedor escolar, á adquisición de libros de texto e material escolar,para todas as etapas educativas, e axudas destinadas á adquisición de material informático (necesario para tarefas escolares) para educación secundaria, para o curso 2026/2027

By |2026-06-04T10:35:48+01:00Xuño 4th, 2026|Categories: Sen categoría|

Axudas do Concello de Ribeira destinadas ao comedor escolar, á adquisición de libros de texto e material escolar,para todas as etapas educativas, e axudas destinadas á adquisición de material informático (necesario para tarefas escolares) para educación secundaria, para o curso 2026/2027 Informamos da apertura do prazo dende o día 3 de xuño  ata o vindeiro 23 de xuño de 2026 (ambos incluídos) para presentar as solicitudes de axudas á escolarización do Concello de Ribeira. Bases Instancia a cumprimentar para solicitar a axuda (deberá presentarse no Concello).

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2026-27

By |2026-05-19T12:32:01+01:00Maio 19th, 2026|Categories: Sen categoría|

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial Prazo presentación ata o 19 de xuño. Unha única solicitude para todos os fillos/as. Solicitudes preferiblemente por vía electrónica mediante a aplicación fondolibros. Formulario ED330B anexos I e II. Documentación a presentar : Anexo I Anexo II Fotocopia do libro de familia. Fotocopia da sentenza xudicial e/ou convenio regulador (en caso de separación ou divorcio).

Axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2026-2027

By |2026-05-19T12:24:14+01:00Maio 13th, 2026|Categories: Sen categoría|

Axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2026-2027 BENEFICIARIOS: Alumnado que presente necesidades educativas especiais derivadas de: DISCAPACIDADE IGUAL OU SUPERIOR AO 25% TRASTORNOS GRAVES DE CONDUTA TRASTORNOS GRAVES DA COMUNICACIÓN E DA LINGUAXE TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO ALTAS CAPACIDADES SOLICITUDES: o/a solicitante cubrirá esta solicitude a través da web da sede electrónica do Ministerio de Educación. IMPORTANTE: O modo de presentación da solicitude pasa a ser integramente telemático a través da sede electrónica, sen necesidade de facer entrega do formulario en papel no noso centro educativo. PRAZO: Do 19 de maio [...]

Solicitude de admisión para o próximo curso 2026/27

By |2026-02-27T14:33:31+01:00Febreiro 27th, 2026|Categories: Sen categoría|

Do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos) estará aberto o prazo de solicitudes de admisión  para o vindeiro curso 2026/27 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado,  a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) código de procedemento ED550B. Para aquelas persoas que o desexen estarán dispoñibles os impresos de solicitude no centro para a súa presentación presencial a partir da apertura do prazo,  así coma nas seguintes ligazóns: Formulario de solicitude en galego Formulario de solicitude en castelán Para máis información acceda á lapela Secretaria Virtual/Admisión [...]

Solicitude de reserva de praza para continuación de estudos de Bacharelato no curso 2026/2027

By |2026-01-14T12:51:47+01:00Xaneiro 14th, 2026|Categories: Sen categoría|

1. PRAZO DE SOLICITUDES: Do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro do 2026 2. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: (ED550A + anexo I-bis) -Presentación electrónica: A través da aplicación informática admisiónalumnado, para o que será necesario dispoñer dun certificado dixital ou Chave 365. Importante asinar e presentar a solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. (O anexo I-bis debe ser asinado de forma manual e escaneado). -Presentación presencial: Entregando o Modelo ED550A + anexo I-bis no centro no que está matriculado o alumno/a ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos pola normativa. 3. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA [...]

Publicada listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto, fondo E-Dixgal e vales de material para o vindeiro curso 2025/26

By |2025-07-16T12:59:07+01:00Xullo 16th, 2025|Categories: Sen categoría|

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, FONDO E-DIXGAL E VALES DE MATERIAL  Estimadas familias, A partir de mañá xoves,día 17 de xullo, xa estarán  dispoñibles no centro as listaxes DEFINITIVAS do fondo solidario de libros de texto, fondo E-Dixgal e dos vales de material para o vindeiro curso. Poderedes consultalas, na propia secretaría do centro de forma presencial ou ben telefonicamente, en horario de 10:00 a 13:00. Así mesmo, as familias beneficiarias dos vales xa poderedes pasarvos a recollelos tamén dende mañá no mesmo horario. Os/as proxenitores que non poidades achegarvos a recoller os vales debedes autorizar [...]

Formalización de matrícula curso 2025/26

By |2025-06-24T17:12:38+01:00Xuño 24th, 2025|Categories: Sen categoría|

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2025/26   Educación Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño (ambos inclusive). As familias do alumnado de novo ingreso a 4º de Educación Infantil (3 anos) serán convocadas a unha reunión co equipo docente da etapa para o vindeiro xoves 26 de xuño ás 11:00 hrs no centro, na cal se poderá formalizar a matrícula (necesario traer 3 fotos do alumno/a). Só o alumnado de novo ingreso e o que continúa estudos no centro en 1º de Educación Primaria confirmará a matrícula nesta etapa. O resto do alumnado de Infantil e Primaria que continúen [...]

Axudas Concello Ribeira para o comedor escolar e a adquisición de material escolar e libros de texto para o curso 2025-26

By |2025-06-02T10:00:18+01:00Maio 30th, 2025|Categories: Sen categoría|

Informamos da apertura de prazo ata o vindeiro 18 de xuño de 2025 (incluído) para presentar as solicitudes de axudas á escolarización do Concello de Ribeira. Bases axudas Concello Ribeira para o comedor escolar e a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2025/26 Instancia a cumprimentar para solicitar a axuda (deberá presentarse no Concello).

Go to Top