O
noso é un centro con moita historia detrás. Xa cumprimos anos, moitos anos. O
noso fundador, D. Carlos García Bayón comezou a semente do que hoxe é o Colexio
Bayón en Padín con clases particulares pero non ten a autorización provisional
ata o ano 1946.
Máis tarde
casado con Dna Lola, os dous xuntos trasladan o centro a uhnas novas
instalacións da súa propiedade, na rúa Miguel Rodríguez Bautista, xa con
autorización definitiva (1967). D. Carlos é o director fundador ata 1970, ano no que asume a dirección Dna Lola. Dna Lola cesa por enfermidade a súa laboura de mestra e directora. Asume a Dirección e a Administración do colexio D. Ramón Triñanes Lustres en 1986. En 1993, os profesores que integran o colexio nese momento, toman a decisión de construír un centro na zona de Cubeliño, debido a imposibilidade de adecuar as instalacións ás novas esixencias lexislativas. D. Carlos cede a titularidade a sociedade formada polo profesorado que se traslada ao novo centro en 1995. | Con motivo do centenario do nacemento do noso fundador, decidimos adicarlle un recunchiño moi especial do noso centro, a biblioteca “Don Carlos e Dona Lola”. Un lugar onde atopamos o su legado. No mes de novembro do 2014 invitamos a
todos os membros antigos e actuáis da nosa comunidade escolar actual a dito
evento.
|