Ensinanzas

Educación Infantil

O Centro consta de tres unidades 4º, 5ºe 6º de Educación Infantil de idades comprendidas entre tres e cinco anos. As súas instalación interiores constan de tres aulas con baño  e un aula de servizos múltiples onde, ademais de formación académica, realízanse actividades formativas con carácter complementario e extraescolar. Nestes aulas atópanse material dixital propio, ordenadores e pantallas dixitais. Ditas instalación teñen entrada propia, xa que están  nun área independente ao resto das etapas educativas. Acceden ao centro pola  súa propia zona de ocio e de recreo externo onde están instalados xogos adecuados a estas idades.


Educación Primaria

O Centro ten funcionando  seis unidades de Educación Primaria correspondentes aos seis cursos académicos de idades comprendidas entre os seis e doce anos. As súas instalacións interiores constan de seis aulas nas que se imparte a formación ordinaria de cada curso,  os servizos e o salón de usos múltiples, utilizado tanto polos alumnos de E. Primaria como polos de E. Secundaria. Aquí  celébranse diferentes eventos escolares e extraescolares.  Nesta etapa dispoñen de material dixital diverso como ordenadores, pantalla dixital, equipo de son e proxectores..
Esta etapa educativa consta tamén de departamento e aula específica de Audición e Linguaxe/Apoio educativo. Completan as áreas interiores, as instalacións situadas na parte inferior da edificación do centro: o ximnasio e a sala de materiais deportivos. Estas instalacións están dotadas igualmente de servizos, duchas e vestiarios. Nesta área inferior do edificio atópase tamén a clase de baile á que se accede directamente dende o exterior. O ximnasio é utilizado  como aula de Educación Física e cando o tempo non permite usar os patios exteriores, habilítase como patio cuberto de recreo.


Educación Secundaria Obrigatoria

As aulas de Educación Secundaria Obrigatoria están situadas na planta superior do edificio. Cóntase na actualidade con catro unidades de Secundaria que se corresponden cos catro cursos, nos que están matriculados os alumnos das idades comprendidas entre os doce e dezaseis anos. Todas elas dotadas coas últimas tecnoloxías como pode ser as pizarras dixitais e ordenadores.

Outras dependencias

Nun ala desta planta superior ubícanse catro aulas, un departamento e os baños. Na outra ala, pasando un corredor central, sitúanse as aulas dos obradoiros: aula de Música, aula de Plástica, aula de Informática (dotada con equipos informáticos completos conectados en rede e pizarra dixital), o Laboratorio, o taller de Tecnoloxía, aula específica de idiomas  e baños completos. 
O equipamento de todas estas aulas é o adecuado  para as necesidades educativas dos alumnos.

Nesta mesma área está a Biblioteca. A súa ubicación atópase nun lugar privilexiado do centro, un espazo rodeado por amplas fiestras cara o exterior e cunha gran luminosidade natural que crea un ambiente moi favorecedor e confortable para o traballo intelectual. A Biblioteca ocupa una superficie de 110 m2 na que se sitúan tanto os fondos da biblioteca como os postos de lectura e a área da xestión técnica da biblioteca.

As instalacións externas son o patio de recreo, a pista polideportiva e os baños exteriores. Esta son compartidas cos alumnos de E. Primaria, xa que as disfrutan como patios de recreo en horarios diferentes. Completan estas instalacións o ximnasio situado na parte inferior do edificio.