Considerámonos
un centro modesto en canto á forma de ser e practicar a ensinanza. Propoñémonos
compartir coa familia, primeiros educadores, o exercicio da función educativa,
sentindo, vivindo e considerando o centro e a súa práctica educativa como unha
tarefa común entre pais, alumnos e profesores. O
Colexio Bayón está aberto a calquera nivel social sen discriminación ningunha,
por razóns ideolóxicas, relixiosas, sociais ou económicas. Polo tanto aspiramos
a que os poderes públicos respondan polo custo real da educación, sen renunciar
ao maior grao posible de liberdade e de calidade de ensinanza. O noso carácter
de centro independente fai que a acción formativa sexa estritamente académica e
educativa sen ningún tipo de vínculo ou atención a intereses de grupos
políticos, relixiosos ou de calquera outra orde. Pretendemos
a través dos contidos mínimos, básicos, obrigatorios das distintas etapas
educativas e das actividades extraescolares procurar a formación integral e o
desenvolvemento persoal do alumno nos seus diferentes aspectos: intelectual,
emocional, humano, artístico, físico e social.
O horario do noso centro é o seguinte:Horario de setembro e xuño: 09:00 a 13:50Horario de outubro a maio 09:00 a 13:30 15:25 a 17:15Luns saída: 17:15 Venres saída: 14:15 (16:00 para os alumnos que quedan ao comedor)
|
|