Ensinanza‎ > ‎

Educación Primaria

O Centro ten funcionando  seis unidades de Educación Primaria correspondentes aos seis cursos académicos de idades comprendidas entre os seis e doce anos.

As súas instalacións interiores constan de seis aulas nas que se imparte a formación ordinaria de cada curso,  os servizos e o salón de usos múltiples, utilizado tanto polos alumnos de E. Primaria como polos de E. Secundaria. Aquí  celébranse diferentes eventos escolares e extraescolares.  Nesta etapa dispoñen de material dixital diverso como ordenadores, pantalla dixital, equipo de son e proxectores..

Esta etapa educativa consta tamén de departamento e aula específica de Audición e Linguaxe/Apoio educativo.

Completan as áreas interiores, as instalacións situadas na parte inferior da edificación do centro: o ximnasio e a sala de materiais deportivos. Estas instalacións están dotadas igualmente de servizos, duchas e vestiarios. Nesta área inferior do edificio atópase tamén a clase de baile á que se accede directamente dende o exterior. O ximnasio é utilizado  como aula de Educación Física e cando o tempo non permite usar os patios exteriores, habilítase como patio cuberto de recreo.