ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Concedemos suma importancia ás actividades extraescolares, actividades que complementan non só o enriquecemento intelectual, senón que tamén axudan ao desenvolvemento da súa autonomía persoal e á formación integral do noso alumnado.

EDUCACIÓN INFANTIL

  • STORIES & SONGS: We learn songs and stories and have a lot of fun.
  • MÚSICA E MOVEMENTO: Aprendizaxe de habilidades de movemento básicas ao son de instrumentos e pequenas agrupacións.
  • ROBÓTICA EDUCATIVA: Xogamos cos nosos robots (Darwin, Rosalía, Jutta, Newton e Picasso), asimilamos e afianzamos nocións básicas de orientación e coordinación. Ademais, iniciámonos na programación.
  • MINDFULNESS: Aprendemos e exercitamos a respiración consciente e a relaxación
  • PRE-TKD: Aprendizaxe lúdico de movementos básicos desta arte marcial.

EDUCACIÓN PRIMARIA

  • A HORTIÑA: plantamos, coidamos e mantemos a nosa horta.
  • BAILE: Aprendemos distintos bailes coma auténticos profesionais, baile galego, baile moderno… movémonos ao son de todo tipo de música.
  • STORIES & SONGS: We learn songs and stories and have a lot of fun.
  • MULTIDEPORTE: A partir de 3º de Educación Primaria. Gozamos con distintos deportes: baloncesto, fútbol, balonmán… para despois participar nas xornadas de deporte con outros coles.
  • PANDEIRETA: A partir de 4º de Educación Primaria, achegámonos á música tradicional galega. Tocamos, cantamos e bailamos.
  • TEATRO
  • OFIMÁTICA: 5º e 6º de Educación Primaria. Aprendemos a arte de escribir o máis rápido posible, para poder utilizar os nosos ordenadores de maneira máis efectiva.
  • STEAM
  • FRANCÉS: A partir de 3º de Educación Primaria, iniciamos a aprendizaxe da 2ª lingua estranxeira.
  • XOGAMOS
  • POÑÉMONOS AO DÍA

EDUCACIÓN SECUNDARIA

  • ROBÓTICA
  • SPEAKING: Da man do noso auxiliar de conversa, seguimos mellorando a nosa competencia lingüística.
  • OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS
  • OBRADOIRO AUDIOVISUAL
  • BAILE: A seguir practicando distintos ritmos, pero agora despois de anos de ensaios a esixencia e maior.
  • CLUBE DE LECTURA
  • MULTIDEPORTE: Practicamos distintos deportes, fútbol, baloncesto, brilé, floorball
  • OBRADOIROS ARTESANAIS “FEITO Á MAN

SENDEIRISMO

Coa mochila as costas, camiñamos todos xuntos por sendeiros espectaculares.