SOLICITUDES DE RESERVA PARA CONTINUACIÓN DE ESTUDOS DE BACHARELATO 

1.PRAZO DE SOLICITUDES:

Do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro

2.PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: (ED550A + anexo I-bis)

Presentación electrónica: A través da aplicación informática admisiónalumnado, para o que será necesario dispoñer dun certificado dixital ou Chave 365. Importante asinar e presentar a solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. (O anexo I-bis debe ser asinado de forma manual e escaneado).

Presentación presencial: Entregando o Modelo ED550A + anexo I-bis no centro no que está matriculado o alumno/a ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos pola normativa.

3.DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:

  • Solicitude ED550A
  • Anexo I-bis
  • Copia do DNI da persoa solicitante e da outra persoa proxenitora (no caso de que opoñan á súa consulta)
  • Se é o caso, Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio e/ou documentación acreditativa de alumnado NEAE

4.LISTAXE DE ALUMNADO CON POSTO RESERVADO:

   Consultar o 22 de febreiro

5.CENTROS ADSCRITOS:

  • IES Leliadoura
  • IES Nº1

INFORMACIÓN DE INTERESE

Dita solicitude de reserva supón a prioridade de continuación de estudos nos centros adscritos (no noso caso no IES nº 1 ou no IES Leliadoura).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica.

Para aquelas persoas que o desexen, tamén estarán dispoñibles os impresos de solicitude no centro, para a súa presentación presencial a partir da apertura do prazo, e nas seguintes ligazóns para descargar:

Solicitude en galego

Solicitude en castelán