ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Concedemos suma importancia ás actividades extraescolares, actividades que complementan non só o enriquecemento intelectual, senón que tamén axudan ao desenvolvemento da súa autonomía persoal e á formación integral do noso alumnado.
EDUCACIÓN INFANTIL
- STORIES & SONGS: We learn songs and stories and have a lot of fun.
- MÚSICA E MOVEMENTO: Aprendizaxe de habilidades de movemento básicas ao son de instrumentos e pequenas agrupacións.
- ROBÓTICA EDUCATIVA: Xogamos cos nosos robots (Darwin, Rosalía, Jutta, Newton e Picasso), asimilamos e afianzamos nocións básicas de orientación e coordinación. Ademais, iniciámonos na programación.
- MINDFULNESS: Aprendemos e exercitamos a respiración consciente e a relaxación
- PRE-TKD: Aprendizaxe lúdico de movementos básicos desta arte marcial.
EDUCACIÓN PRIMARIA
- A HORTIÑA: plantamos, coidamos e mantemos a nosa horta.
- BAILE: Aprendemos distintos bailes coma auténticos profesionais, baile galego, baile moderno… movémonos ao son de todo tipo de música.
- STORIES & SONGS: We learn songs and stories and have a lot of fun.
- MULTIDEPORTE: A partir de 3º de Educación Primaria. Gozamos con distintos deportes: baloncesto, fútbol, balonmán… para despois participar nas xornadas de deporte con outros coles.
- PANDEIRETA: A partir de 4º de Educación Primaria, achegámonos á música tradicional galega. Tocamos, cantamos e bailamos.
- TEATRO
- OFIMÁTICA: 5º e 6º de Educación Primaria. Aprendemos a arte de escribir o máis rápido posible, para poder utilizar os nosos ordenadores de maneira máis efectiva.
- STEAM
- FRANCÉS: A partir de 3º de Educación Primaria, iniciamos a aprendizaxe da 2ª lingua estranxeira.
- XOGAMOS
- POÑÉMONOS AO DÍA
EDUCACIÓN SECUNDARIA
- ROBÓTICA
- SPEAKING: Da man do noso auxiliar de conversa, seguimos mellorando a nosa competencia lingüística.
- OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS
- OBRADOIRO AUDIOVISUAL
- BAILE: A seguir practicando distintos ritmos, pero agora despois de anos de ensaios a esixencia e maior.
- CLUBE DE LECTURA
- MULTIDEPORTE: Practicamos distintos deportes, fútbol, baloncesto, brilé, floorball
- OBRADOIROS ARTESANAIS “FEITO Á MAN
SENDEIRISMO
Coa mochila as costas, camiñamos todos xuntos por sendeiros espectaculares.