1. PRAZO DE SOLICITUDES: Do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro do 2026
2. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: (ED550A + anexo I-bis)
–Presentación electrónica: A través da aplicación informática admisiónalumnado, para o que será necesario dispoñer dun certificado dixital ou Chave 365. Importante asinar e presentar a solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. (O anexo I-bis debe ser asinado de forma manual e escaneado).
–Presentación presencial: Entregando o Modelo ED550A + anexo I-bis no centro no que está matriculado o alumno/a ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos pola normativa.
3. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:
– Solicitude ED550A
– Anexo I-bis asinado
– Copia do DNI da persoa solicitante e da outra persoa proxenitora e libro de familia (no caso de que opoñan á súa consulta)
– Se é o caso, Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio e/ou documentación acreditativa de alumnado NEAE
4. LISTAXE DE ALUMNOS CON POSTO RESERVADO:
22 de febreiro
5. CENTROS ADSCRITOS:
– IES Leliadoura
– IES Nº1
INFORMACIÓN DE INTERESE
Dita solicitude de reserva supón a prioridade de continuación de estudos nos centros adscritos (no noso caso no IES nº 1 ou no IES Leliadoura).
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica.
Para aquelas persoas que o desexen, tamén estarán dispoñibles os impresos de solicitude no centro, para a súa presentación presencial a partir da apertura do prazo, e nas seguintes ligazóns para descargar:




