FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2025/26
Educación Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño (ambos inclusive).
- As familias do alumnado de novo ingreso a 4º de Educación Infantil (3 anos) serán convocadas a unha reunión co equipo docente da etapa para o vindeiro xoves 26 de xuño ás 11:00 hrs no centro, na cal se poderá formalizar a matrícula (necesario traer 3 fotos do alumno/a).
- Só o alumnado de novo ingreso e o que continúa estudos no centro en 1º de Educación Primaria confirmará a matrícula nesta etapa.
- O resto do alumnado de Infantil e Primaria que continúen estudos no centro teñen garantida a praza automaticamente.
Educación Secundaria Obrigatoria: do 23 de xuño ao 7 de xullo (ambos inclusive).
Todo o alumnado desta etapa realizará a matrícula a través do formulario do curso correspondente, o cal se poderá recoller e cumprimentar en papel no propio centro ou ben de xeito telemático a través da aplicación admisionalumnado. Neste último caso, deixamos, a continuación, á vosa disposición un manual de axuda para a correcta tramitación: Manual de axuda para as familias para a cumprimentación da matrícula
IMPORTANTE!
No caso de que a modalidade elixida sexa en liña, deberase cumprimentar e anexar tamén o seguinte documento: Autorizacións e outros datos